venres, 7 de xuño de 2024

PRESENTACIÓN DO PROXECTO

Gritz, CC BY-SA 3.0 ES <https://creativecommons.org/licenses/by-sa/3.0/es/deed.en>, via Wikimedia Commons

O presente blog pretende servir como canle de difusión dos traballos realizados no contexto do programa "Paisaxe e Sustentabilidade" do Plan Proxecta + para o curso 2023-2024. Este programa ten como obxectivo desenvolver coñecementos e recursos para comprender e interpretar as paisaxes próximas e cotiás a través dos seus elementos constitutivos, da súa diversidade e do seu valor cultural e simbólico, para desenvolver unha actitude responsable no marco da sustentabilidade e para desenvolver propostas que melloren a súa calidade.

Para saber máis sobre o programa:

https://www.edu.xunta.gal/portal/node/6190


mércores, 5 de xuño de 2024

GALERÍA PAISAXÍSTICA

Espazo no que o alumnado de Proxecto Competencial pode compartir e visualizar as fotografías realizadas da paisaxe de Santiago de Compostela. 

A paisaxe de Compostela en flickr: https://www.flickr.com/photos/200840015@N06/

luns, 3 de xuño de 2024

PAISAXE - ANDO 

Esta actividade consistiu na realización dunha ruta de 7 km de distancia a través dalgúns dos espazos de maior interese paisaxístico da cidade de Santiago. Para a súa realización o alumnado de Proxecto Competencial empregou a aplicación de Wikiloc, que lle permitiu seguir o percorrido e localizar os principais puntos de interese da ruta. 


























venres, 17 de maio de 2024

 PRAZAS DE COMPOSTELA 

O alumnado participante no programa Proxecto e Sustentabilidade realizou unha actividade sobre algunhas das prazas máis emblemáticas do casco vello de Santiago co obxecto de coñecer e valorar a importancia dos espazos públicos urbanos como elementos configurativos da paisaxe urbana.



"Praza de Abastos" por Ada Vicente


                              "Praza da Inmaculada" por Martina Alonso


"Praza de Fonseca" por Mila Mejía


                                "Praza de Praterías" por Abel Baliña


"Praza de Mazarelos" por Xián Suárez


"Praza do Obradoiro" por Mariña Otero


"Praza de Cervantes" por  Jacobo Rivadas

"Praza da Quintana" por Tomás Couto

"Praza do 8 de marzo" por Valentina Ramírez

"Praza do Toural" por Nuno Castro

mércores, 13 de decembro de 2023

A CIDADE A TRAVÉS DO TEMPO

Esta actividade tiña por obxecto achegar ao alumnado á evolución urbanística da cidade de Santiago ao longo dos séculos XX e XXI. Para iso, empregáronse os recursos dispoñibles no visor cartográfico da Xunta de Galicia que permite a visualización simultánea de mapas e fotografías aéreas. O obxectivo principal foi o de delimitar as principais zonas de crecemento da cidade ao longo dos últimos 70 anos. 


mércores, 8 de novembro de 2023

UNHA PAISAXE IDEAL

O alumnado participante no programa "Paisaxe e Sustentabilidade" do Proxecta + 2023-2024 elaborou unha actividade na que debían tratar de representar a súa paisaxe ideal. Por medio do debuxo artístico e da procura de imaxes na rede fixeorn unha selección que se recolle neste collage fotográfico.